video picasa

viernes, 25 de marzo de 2011

Máscaras

-ROSA (Páx.237)  e HIPOPÓTAMO (Páx.239)-
                                                                                                                                                                

Filtros GIMP

viernes, 18 de marzo de 2011

jueves, 17 de marzo de 2011

jueves, 10 de marzo de 2011

Dispositivos da comunicacion. Redes



  • Redes locais: É un conxunto de PCs conectados entre si, coa finalidade de compartir recursos e información. Todos os PCs e dispositivos dunha rede están conectados fisicamente mediante un cableado que os percorre un a un; a conexión deste cable a cada PC depende do tipo de cable empregado, pero sempre se realiza a través da tarxeta de rede, ademais desta tarxeta, é necesario que todos os PCs dispoñan do software axeitado, denominado software de rede, que permite compartir os dispositivos conectados á rede. O protocolo mais utilizado era Ethernet, aínda que o mais frecuente é TCP/IP, ás redes que utilizan este protocolo chámaselles intranets.
  • Topoloxía dunha rede.
    *Rede en anel.é unha rede pechada, na que todos os PCs están conectados a ela. A información circula nun sentido, e cada PC analiza se el é o destinatario, de non ser así déixaa pasar ata que chegue ao seguinte, e así sucesivamente.

*Rede en estrela.  Os PCs non están unidos directamente entre eles, senón que o fan a través dun dispositivo específico. Trátase dunha rede moi estable, segura e cunha velocidade de transmisión alta.
*hub e switch.Un hub é un dispositivo ao cal chegan todos os cables da rede, un por cada ordenador e cada dispositivo, e actúa de ponte entre todos eles; cando un PC envía información, o hub reenvíaa a todos, para que o destinatario a tome e o resto a desbote.
Un switch, ao igual que un hub actúa de ponte entre todos os dispositivos da rede, ademais é capaz de identificar cada PC e dispositivo conectado, polo que non envía información a todos eles, senón ao destinatario.

    • Cableado dunha rede local.
      *Cableado coaxial.Está formado por un fío condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. Pode alcanzar velocidade de transmisión media e actualmente está en desuso.

    *Cableado UTP. Está constituído por catro pares de fios dentro dunha mesma camisa; cada par de fios está trenzado para evitar a interferencia eléctrica dos outros pares. Permite alcanzar unha boa velocidade.
    *Cableado de fibra óptica. Transporta pulsos de luz a través de pequenas fibras de vidro, polo que non lle afectan as correntes eléctricas externas. Constan de dous fios de fibra de vidro protexidas por fibras de Kevlar e capas de plástico. Alcanza velocidades de transmisión moi elevadas.

    • Redes inarámicas. Tamén se denominan WiFi, os usuarios conéctanse sen as limitacións que impón un cable, xa que os seus datos se transmiten polo aire; deste modo, conséguese gran liberdade de movementos.
      As tecnoloxías sen cables encóntranse en continua investigación, y baséanse tanto en ondas de raio coma en microondas para transmitir información. A velocidade de transmisión é baixa e varía segundo os protocolos utilizados, que van evolucionando ata velocidades algo máis altas.
    • Redes externas. Internet.Unha rede externa é un conxunto de ordenadores conectados entre si cuxa situación física pode estar en diferentes edificios, localidades e mesmo en países; dada a súa amplitude considérase xa como unha rede global.
      En caso de querer conectar un equipo a unha rede externa, e posto que non existe un cableado como nunha rede local, se necesitan outras vías diferentes para a conexión, a máis frecuente segue sendo a utilización da rede telefónica.
    • Redes privadas virtuais. Son un tipo de redes especiais, posto que utilizan a infraestrutura dunha rede externa (internet), pero agregan unha serie de medidas de seguridade entre os ordenadores conectados de modo que a súa comunicación poida chegar a ser privada.
    • Conexión a través dunha liña telefónica.
      *Módems: Son dispositivos que permiten enviar ou recibir información a través dunha liña telefónica convencional RTC (Rede Telefónica Conmutada). A súa misión consiste en modular (converter) o sinal dixital do ordenador en analóxica e demodular o sinal analóxico recibido para convertela en sinal dixital.
      *Tarxetas RDSI: Ademais das liñas telefónicas convencionais hoxe outras denominadas RDSIS. Entre as súas vantaxes fronte a RTC destacan a velocidade de transmisión e o feito de que a información que viaxa por ela é dixital, non analóxica. Estas liñas dispoñen de varias canles, polo que a conexión a internet non impide que se poida realizar ou recibir chamadas telefónicas.
      *Módems ADSL: Permiten transferir datos a distintas velocidades, sendo sempre maior a velocidade de recepción que a de envío, de aí o termo asimétrica no seu nome. Para poder realizar a conexión a través dunha liña ADSL, é necesario dispoñer dun modem especial, denominado modem ADSL.
      *Router : Permite unir ordenadores coma se fose un hub ou switch. Posto que un router é capaz de buscar o camiño para poñer en contacto dous ordenadores que se queiran conectar, mesmo se estes están en distintas redes. Este último é o motivo polo que existen router ADSL que permiten realizar a conexión a internet a través da liña telefónica.
      Tamén se encarga de que a información que pase por el non sexa enviada a todos os ordenadores conectados, senón unicamente aos seus destinatarios, evitando deste modo que exista transferencia de información innecesaria pola rede.
    • Conexión a través de cable: Con este tipo de conexión conséguense altas taxas de transmisión. O inconveniente é que necesita unha infraestrutura (cableado) que non en todas as zonas xeográficas está dispoñible. A conexión non se establece directamente entre usuario e provedor, senón que se trata dunha conexión multipunto, na cal moitos usuarios comparten o mesmo cable, motivo polo que diminúe a taxa de transferencia a medida que se conectan outros usuarios ao mesmo cable. Para poder realizar a conexión a través de cable, é necesario un modem-cable.
    • Conexión vía satélite: A conexión vía satélite é outra alternativa para acceder a internet, trátase dunha conexión híbrida, posto que o usuario recibe información vía satélite pero envía por un sistema terrestre ( RTC, RDSI, xDLS,cable...). A filosofía é que o usuario aproveite a alta velocidade da conexión vía satélite para recibir grandes bloques de información, e que utilice calquera outra conexión terrestre para a petición de páxinas, o envío de correos electrónicos..., que representen un volume pequeno de información.
    • Conexión por ondas radioelétricas: É semellante a conexión dun ordenador nunha rede de área local inalámbrica, tamén é posible acceder a internet mediantes ondas eléctricas, o que supón un abandono do punto de conexión específico e unha liberación en canto a movilidade. A este sistema coñéceselle coas siglas LMDS, que fan alusión á existencia de multiplos puntos (antenas) con os que os usuarios establecen a comunicación.
    • Conexión móbil.
      *GSM: É un estándar internacional dende comunicacións dixitais móbiles que utiliza o concepto de comunicación por circuítos. A voz convértese en nun sinal dixital codificado e é transmitida ata un terminal encargado de descodificala.
      *GPRS: Está baseado na conmutación de paquetes e non de circuítos, como era o caso do sistema GSM. Con este sistema non é necesario dispoñer dunha canle exclusiva para cada usuario, xa que as canles poden ser compartidas. A conexión realízase no momento no que o cliente o solicita; ademais se o fluxo de transmisión é elevado, un mesmo usuario pode utilizar varias canles.
      *UMTS: Traballa con unha frecuencia moi alta, que posibilita unha tasa de transmisión de información de 2 Mbps. Con esta tasa é posible transmitir voz e datos a vez, e incluso sinal de TV e videoconferencias. A transmisión de información realízase por conmutación de paquetes. Unha característica particular do sistema UMTS é que permite estar conectado á rede de forma permanente. Tanto nos sistemas GPRS como UMTS, a facturación non se realiza por tempo de conexión, senon por volume de datos transmitidos.

    Para consultar máis información sobre este tema pulse aquí.