video picasa

martes, 2 de noviembre de 2010

O samaín


A antiga festividade céltica do samaín (pronunciado /ˈsˠaunʲ/ da Lingua irlandesa antigasamain) foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.
A festa do samaín, a máis importante do período precristián, marcaba para os celtas o comezo dun novo ano. Nesa data prendíanse lumes sagrados fretando pólas de capudre eteixo. Con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas.
Ten continuidade nas festas de Halloween (adaptación do samaín na cultura estadounidense, sendo máis semellante a un entroido), que poderían ter sido exportadas aos Estados Unidos de América polos irlandeses no século XIX e comezos do XX.
A palabra, nas súas variantes samainsamaín ou samhain ven sendo introducida no idioma galego desde a década de 1980, tomándose do gaélico irlandés nas súas versións moderna (Samhain) ou antiga (samain). Hoxe en día é común atopala referenciada en diversas expresións culturais e festivas relacionadas con esa data, tendo desprazado de maneira importante ao termo Hallowe'en, sobre todo nos ámbitos culturais máis galeguistas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario