video picasa

martes, 15 de febrero de 2011

Dispositivos de almacenamento.


Os dispositivos de almacenamento son:


  • Discos magnéticos: Os discos magnéticos gardan a información en superficies (discos) de natureza magnética. Antes de poder utilizar un deber ser preparado (formatado) para que poida recibir a información.
    O disco flexible era o soporte de almacenamento (magnético) que se utilizaba para transportar información dun PC a outro. Os discos flexibles máis utilizados eran os denominados discos de 3 1/2, aínda que había outros como os discos
    ZIP con capacidade de 100, 200 ou 750 MB e os Superdisk LS-x con capacidades de 120 ou 240 MB. Os discos duros están formados por un conxunto de discos amoreados cun eixe en común; entre eles están situadas as cabezas de lectura-escritura de maneira que poidan ler e escribir nas dúas caras de cada disco.
    Ao igual que os discos flexibles, 
    a información almacénase en cada unha das superficies magnéticas dun disco; o número de discos e a composición do material magnético determinan a capacidade do disco duro (200, 400 ou 500 GB, mesmo 1TB).

    Os discos magnéticos divídense en:




    1. Caras: superficie superior e inferior de cada disco.
    2. Pistas: son os círculos concéntricos en que se divide cada cara do disco.
    3. Sectores: as divisións que se fan en cada pista; todos os sectores do mesmo disco teñen a mesma capacidade.
    4. Cilindros: son os distintos conxuntos de pistas situadas na mesma posición de cada disco, (é o caso dos discos duros)

    • Discos ópticos: todos estes discos utilizan tecnoloxía óptica (láser):
    1. CD-ROM: contén información que só pode ser lida, polo que se utiliza para almacenar información que non teña que ser modificada. A información dun CD-ROM está almacenada nunha soa cara seguindo unha pista única en forma de espiral que comeza no centro do disco e remata no bordo exterior; esta pista está dividida en sectores. A superficie é de aluminio reflectante e esta recuberta dun material plástico que a protexe, alterna zonas lisas e marcas que representan aos dous díxitos binarios (1 e 0).
    2. CD grabables e regrabables: Aos discos grabables e regrabables denomínaselles CD R. Ademais hai outros discos que poden ser gravados varias veces; borrando en cada gravación a información que existira con antelación; a estes denomínaselles CD RW.
    3. DVD ROM:Son semellantes ás CD-ROMS, pero a súa capacidade é moito maior, a cal consegue aumentando a densidade de escritura, aproveitando as dúas caras do disco e almacenando en cada cara información en varias caras superpostas.
    4. DVD grabables e regrabables:
      • DVD-R: discos que permiten unha soa grabación; poden ser dunha capa (4,7GB) ou de dobre capa (8,5GB). 
      • DVD-RW: discos que permiten ser grabados varias veces; tamén poden ser de capa simple ou capa dobre.
      • DVD+R: discos dun só uso, similar aos DVD-R, pero según os seus creadores, con máis compatibilidade respecto ós DVD-ROM e DVD-Video convencionais.
      • DVD+RW: discos regrabables similares ós DVD-RW pero coa compatibilidade dos DVD+R, poden ser de capa simple ou dobre.
        1. Blu-Ray: é un formato de disco óptico de nova xeración de 12 cm de diámetro, para vídeo de gran definición e almacenamento de datos de alta densidade. A súa capacidade de almacenamento chega a 25GB por capa. O disco Blu-ray fai uso dun raio láser de cor azul, xunto con outros avances tecnolóxicos, permite almacenar substancialmente máis información que o DVD nun disco das mesmas dimensións e aspecto externo.


                   


        • Discos magneto-ópticos: Estes discos utilizan unha tecnoloxía mixta: magnética e óptica. A súa gran vantaxe é que permiten almacenar unha gran cantidade de información mediante a técnica óptica, pero, ademais, os datos poden ser modificados e borrados grazas á tecnoloxía magnética.
          A superficie dun disco magnético-óptico está constituída por unha aliaxe de metal cristalino sobre unha superficie de aluminio (encargada de reflectir posteriormente o láser); ambas as dúas están situadas entre dúas capas de plástico que as protexen.
          Á hora de gravar ou modificar información, o láser quenta unha pequena porción de superficie da aliaxe cristalina, liberando aos cristais o suficiente para permitirlles o movemento. O campo magnético é capaz de orientalos para que cambien a súa posición e poder así representar os díxitos (1 e 0) correspondentes á nova información.
          A lectura de información realízase do mesmo modo que nun disco óptico; a orientación dos cristais fai que o raio de luz se reflicta ou non na dirección determinada para que sexa detectada por un sensor e poida converterse en información dixital (0 e 1).


        • Dispositivos de almacenamento basados en memoria FLASH: A memoria flash, inicialmente utilizadas para almacenar os datos da BIOS do PC, popularizáronse e o seu uso xeneralizouse ata o punto de que cada vez son máis os dispositivos de almacenamento que utilizan esta tecnoloxía.
          As características máis sobresaíntes destes dispositivos son o seu reducido tamaño e a non necesidade dunha pila ou batería que subministre enerxía á memoria para manter a gravación. A vida dunha memoria flash non é indefinida: cífranse entre 100.000 e 1.000.000 as veces que se poderá gravar información nela.

          A memoria flash esta constituída por celas nas que se garda a información que se quere almacenar. Cada cela é como un transistor convencional, pero cunha porta adicional é a encargada da carga de información. Non é unha memoria RAM posto que nese caso necesitaría enerxía de forma permanente para non perder os datos.

        Para ver máis información sobre este tema consulte facendo click aqui

        No hay comentarios:

        Publicar un comentario