video picasa

miércoles, 9 de febrero de 2011

Dispositivos de entrada e saída

Os Dispositivos de ENTRADA son os seguintes:


  • Rato: permite transmitir información ó PC de dous modos: desplazándoo por unha superficie para provocar o movemento do seu indicador na pantalla, e pulsando os seus botóns para realizar certas accións en función de donde esté colocado o indicador. 
  • Teclado: é o modo mais frecuente  de transmitir informacion no ordenador. Hai gran variedade de teclados, coa posibilidade de conectalos a distintos portos e incluso con transmision de datos por infravermellos.
  • Lector de código de barras: os códigos de barras son un conxunto de lineas  verticais de cor negro que teñen distintos grosores. Soense utilizar en supermercados, tendas... para identificar os productos. Un lector de codigo de barras é un dispositivo capaz de ler e interpretar dita secuencia de barras, permitindo ó PC identificar o producto.
  • Escáner: é un dispositivo que permite introducir información dende documentos en papel: imaxes, debuxos... e, incluso, caracteres, inda que para iso necesita un sistema especial.
  • Joystick: o principal campo de aplicación para este dispositivo son os xogos; introduce no PC os movementos efectuados sobre a palanca e algunhas ordes mediante a pulsación dun botón.
  • Tabletas dixitalizadoras: estes taboleiros utilízanse para realizar debuxos e gráficos con gran precisión.
  • Lectores de bandas magnéticas: son dispositivos capaces de ler informacion grabada en dita banda.
  • Pantallas táctiles: ofrecen, ademais de mostrar a información, a posibilidade de introducir información con solo situar un dedo sobre a sua superficie.
  • Tablet PC: constituen a ultima evolución dos portatiles ou PDA, con tamaños intermedios entre ambos; soen ter unha pantalla de 10" que serve para introducir datos (de maneira semellante a unha PDA).
  • Cámaras dixitais: as camaras dixitais fotográficas cuxas imaxes dixitais poden descargarse ó PC para  ser manipuladas e as camaras dixitais de video, que ademais de ofrecer a posibilidade de transmitir as suas grabacións dixitais ó PC para que sexan editadas, poden ser utilizadas para transmitir imaxes en tempo real. 
  • Micrófono: este dispositivo pode utilizarse como un de entrada sempre e cando se dispoña dunha tarxeta de son no PC. Tamén permite, co software específico de recoñecemento de voz, dictar o contido dun documento ou dar ordes ó PC.
E os Dispositivos de SAÍDA son:


  • Monitores convencionais (CRT): o seu funcionamento basase na utilizacion dun tubo de raios catódicos que envía, dende o fondo hacia a pantalla, unha corrente de electrons que o colisionar cunha superficie de material fosforescente situada na parte interior da pantalla, a ilumina, formándose as imaxes, as cales están costituidas por pixeles.
  • Pantallas de cristal líquido (LCD): estes monitores utilizan celdas de cristal liquido que se polarizan e permiten o paso de determinados raios, que compoñen a imaxe no monitor.
  • Pantallas planas TFT: están constituidas por unha matriz de millons de puntos, cada punto é un transmisor que actua de forma independente, coa sua cor, brillo, ton... e o conxunto de todos eles forma unha imaxe de alta calidade.
  • Monitores de plasma: trátese tamén de monitores planos, habitualmente de grandes dimensións, basados na utilización dun gas (plasma) que, en cada un dos puntos (pixeles) da pantalla, adquire a cor, o brillo, etc, necesarios para compor unha imaxe.                                                                         Unha característica importante dun monitor é a frecuencia, que indica o número de veces que mostra as imaxes nun segundo; e a resolución dun monitor depende do número de puntos (pixeis), que se obtén como produto do número de liñas (filas) polo número de pixeis de cada unha delas (columnas).Ademais, o número de cores tamén inflúe na calidade da imaxe. Os dous parámetros anteriores obrigan a que tanto a tarxeta de vídeo coma o monitor sexan compatibles porque, pola contra, a imaxe non se vería ou sairía deforme.
    A resolución dun monitor indícase utilizando a seguinte nomenclatura: 1024 x 768, que ha de interpretarse como 1024 columnas e 768 filas, nese caso, a imaxe terá 786 432 pixeis.
    O número de cores é igual a 2 elevado ao número de bits.

    Respeto ás impresoras, temos:
    • Impresoras de margarita ou matriciais: estas impresoras, xa en desuso, baseaban a impresión no golpeo sobre unha fita impregnada de tinta, que ao tomar contacto co papel, marcaban nel a información.
    • Impresoras térmicas: este tipo de impresoras basea o seu funcionamento na tinguidura do papel mediante un proceso térmico, empréganse sobre todo para imprimir billetes.
    • Impresoras láser: utilizan unha tecnoloxía similar á das fotocopiadoras, son bastante mais rápidas e permiten obter resultados de alta calidade.
    • Impresoras de chorro de tinta: son as mais utilizadas entre os usuarios de PC persoais. Son impresoras de cor que obteñen a impresión pola inxección de tinta líquida a través de cabezais.
    • Plotter: trátase dun dispositivo que se utiliza nas aplicacións de deseño, xa que permite imprimir planos, debuxos técnicos... con excelente calidade. Está constituído por un brazo robótico, en cuxo extremo se encontra unha plumiña; ademais permite imprimir en papel de grandes dimensións.
    • Microfilme COM: permite almacenar información nun espazo moi reducido. As páxinas de información son fotografadas mediante unha cámara especial e transfórmanse en imaxes de 1.5 cm^2, que finalmente son agrupadas en fichas. Para poder ler a información das fichas necesítase un lector de microfichas, que proxecta a imaxe ampliada dela nunha pantalla.
        Podemos obter máis información facendo click aqui.


      No hay comentarios:

      Publicar un comentario